Fieis á nosa filosofía, garantimos a procedencia galega das nosas xoubiñas, partindo sempre dun produto fresco e seleccionado. O tamaño da sardiña é esencial, nós eleximos a máis pequena que a lei permite pescar nas nosas rías.

O procesado comeza coa limpeza das sardiñas empregando auga de mar, previo a un lixeiro tostado que lle dará esa cor e textura características da nosa marca.

Finalmente, eviscéranse, selecciónanse as mellores pezas e empácanse a man unha a unha. O aceite de oliva remata unha presentación única en cada lata.

O deseño está baseado nunha obra do artista galego Fernando Rei.