Frescura e sabor a mar, a esencia das nosas navallas.
Garantimos a procedencia galega das nosas navallas, capturadas por bucios expertos que saben das zonas onde medran os mellores exemplares.
Para valorar a calidade orixinal das nosas navallas, recoméndase a cata sen cociñado.
Á prancha con allo e limón é un clásico que non defrauda, non obstante, o seu característico «sabor a mar» abre a porta a todo un imaxinario de elaboracións culinarias.
O deseño está baseado nunha obra do artista galego Fernando Rei.