O noso mexillón provén da Ría de Arousa, considerada como a zona onde se extrae o mellor mexillón do mundo.

Cultívase en bateas, un sistema de crianza autóctono tradicional que respeta o crecemento natural deste bivalvo e permite a sostenibilidade da súa extracción.

Logo dunha minuciosa escolma de tamaño e calidade da vianda, frítense o xusto para dar firmeza e textura, apreciables en cada bocado. A partires deste momento, entra en escena o segredo do noso mexillón, as mans das mulleres galegas. Son elas as encargadas do cociñado da salsa, da limpeza das viandas e do empacado, colocando peza a peza para unha presentación, sinxelamente, perfecta.